CRTVG

Buscar

As rapazas seguen sendo minoría nas carreiras tecnolóxicas e Girl Stem quere cambialo

Publicado o 05/11/2020 12:00

As carreiras tecnolóxicas seguen a estar ocupadas maioritariamente por homes. En enxeñaría informática, por exemplo, a cifra de mulleres nas aulas adoita estar por debaixo do 16%.

Para animar as rapazas con vocación pola tecnoloxía a estudar carreiras deste eido, volve a terceira edición de Girl Stem. A través de mulleres referentes nestas careiras, explícanse as circunstancias da realidade e xperiencia das mulleres neste ámbito e anímase as rapazas a decantarse por estes graos.

Desigualdade na promoción

Un factor importante na invisibilización da muller e a falta de promoción que ás veces poden sufrir vén do fogar. Luz Castro, enxeñeira, comenta que, durante o confinamento, moitos homes aproveitaron para escribir artigos científicos e progresar nas súas investigacións; porén, as mulleres, que tradicionalmente se ocuparon das tarefas do fogar e do coidado de maiores e nenos, tiveron máis difícil conciliar a súa vida investigadora e os labores na casa.

 

Noticias web

05/11/2020