CRTVG

Buscar

As queimas forestais quedan prohibidas en Galicia desde o sábado

Publicado o 27/05/2021 15:04
As queimas forestais quedan prohibidas en Galicia desde o sábado

As queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir das 00:00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio, e ata novo aviso.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, isto implica que van quedar en suspenso os permisos xa concedidos que carecerán de validez a partir desa data.

A administración toma esta decisión tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e analizar os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Noticias web

27/05/2021