CRTVG

Buscar

As protestas en Colombia contra a reforma tributaria deixan polo menos 16 mortos

Publicado o 03/05/2021 17:43
As protestas en Colombia contra a reforma tributaria deixan polo menos 16 mortos

As protestas e desordes do últimos cinco días en Colombia en contra do cuestionado proxecto de reforma tributaria, xa retirado polo Goberno, deixan polo menos 16 mortos e máis de 700 feridos, informou este luns a Defensoría do Pobo.

Segundo datos da institución, que non deu detalles sobre a identidade das vítimas nin as circunstancias das mortes, nesas xornadas tamén "resultaron feridos 254 civís e 457 policías".

As protestas comezaron o pasado mércores de maneira pacífica nas principais cidades do país, pero os actos de vandalismo e desmáns en lugares como Cali, Ibagué, Medellín e Bogotá aumentaron a tensión social.