CRTVG

Buscar

As probas masivas de antíxenos nas sete cidades galegas detectan 68 positivos

Publicado o 25/07/2021 14:35

Na Coruña detectouse o maior número de casos, 18,  pero a cidade coa taxa de positividade máis alta foi a de Vigo, con 16 positivos, preto do 5 % dos participantes. No conxunto de Galicia, o dispositivo do Sergas practicou máis de 3.400 tests de antíxenos gratuítos.

Onde se realizaron máis probas diagnósticas, ao redor de 1.200, foi na área sanitaria de Santiago. Sete persoas deron positivo na unidade instalada na praza Roxa e outras dúas no hospital da Barbanza. As probas estaban dirixidas a persoas que aínda non completaron a pauta de vacinación.

Para saír de dúbidas, para gañar tranquilidade ou para conseguir o certificado que permita acceder á hostalería... As motivacións para pasar a proba foron diversas e a resposta masiva.

Das case 500 probas realizadas en Pontevedra, 14 resultaron positivas. En Ourense, un único caso deixou a taxa de positividade por debaixo do 0,5 %.

Catro positivos máis en Ferrol e seis en Lugo completan o cadro. As sete cidades sumaron 68 diagnósticos de covid−19. Houbo dous positivos por cada 100 probas de antíxenos realizadas.

Noticias web

25/07/2021