As principais cidades acollen concentracións contra a violencia machista
Publicado o 14/06/2021 16:44

As principais cidades acolleron este mediodía concentracións silenciosas en solidariedade coas vítimas da violencia machista.
Foi unha convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias. O seu presidente, Abel Caballero, expresou a dor e consternación polas últimas vítimas, e pediu unidade para acabar con esta eiva.