CRTVG

Buscar

As primeiras visitas nocturnas á catedral de Santiago comezaron cun percorrido de hora e media

Publicado o 11/08/2021 09:51

Percorren todo o interior da basílica e acceden a outros espazos menos coñecidos, como a tribuna. Tamén, os grupos visitan o tesouro e a capela das reliquias. En 90 minutos coñeceron o resultado dos traballos de restauración da catedral de Santiago, así como a nova iluminación, nunha catedral baleira. Unha experiencia inesquecible.

Hai dúas quendas, ás dez e media e ás once, en grupos de 25 persoas. Para ver o Pórtico da Gloria agora mesmo hai que esperar a primeiros de setembro. Na web entradas.catedraldesantiago.es están os billetes. Todo un privilexio por 25 euros.

Noticias web

11/08/2021