CRTVG

Buscar

As primarias de Ciudadanos chegan á Fiscalía

Publicado o 26/03/2019 15:34
As primarias de Ciudadanos chegan á Fiscalía

Reábrese a polémica das primarias en Ciudadanos. O candidato desta formación á presidencia de Castela e León, Francisco Igea, di que o presunto 'pucheirazo' non está pechado. Igea di que confía nos órganos internos do partido para resolver posibles irregularidades e que respecta a decisión dos militantes que decidan ir á xustiza.

A primeira denuncia xa chegou á Fiscalía de Castela e León, que abriu dilixencias para investigar o proceso de primarias da formación laranxa nesa comunidade autónoma.

Noticias web

26/03/2019