As prazas de abastos seguirán limitando o acceso
Publicado o 28/04/2020 14:34
Nas prazas de abastos, á espera de coñecer os criterios que estableza o Ministerio de Sanidade para a desescalada, prepáranse para afrontar os próximos meses con medidas como as que están adoptando desde o comezo da pandemia.
Os responsables intúen que as normas implicarán limitacións como a cabida, a distancia de seguridade ou o uso de medidas de protección individuais. Tamén ser reforzaron a limpeza e desinfección das prazas e o control do acceso é máis estrito nos días de maior afluencia de clientes, que adoita coincidir cara á fin de semana.