As praias da Coruña, listas para recibir os bañistas coa máxima seguridade
Publicado o 20/06/2020 14:49
Este verán haberá que incorporar recomendacións novas ás habituais de cada ano. As cinco praias urbanas con bandeira azul da Coruña están preparadas para recibir os bañistas coas máximas garantías de seguridade. A próxima semana xa funcionarán os arcos de acceso, que miden o nivel de ocupación dos areais.
A través dun código QR os usuarios poderán saber en tempo real se hai espazo nas praias ou se están completas. A policía local estableceu na coiraza do Orzán o seu posto de control. Utilizaranse cámaras para ter unha visión xeral do estado dos areais. En cada punto de entrada un guía informativo lémbranos as normas básicas. Todo está listo para darlle a benvida ao verán.