CRTVG

Buscar

As potencias europeas avanzan na evacuación dos seus compatriotas

Publicado o 18/08/2021 12:50
As potencias europeas avanzan na evacuación dos seus compatriotas

Hoxe van chegar a Roma 85 persoas procedentes de Cabul, sobre todo excolaboradores afgáns e as súas familias, no segundo voo que organiza este país dende a toma do poder por parte dos talibáns.

Tamén en Alemaña, en Frankfurt aterraba esta madrugada un avión con 130 persoas a bordo procedentes de Afganistán. Levan xa repatriados tres voos e hoxe teñen previstos outros catro.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, asegurou no Parlamento que xa evacuaron 300 cidadáns do Reino Unido e máis de 2.000 afgáns. 

E Francia evacuou esta madrugada un segundo avión con máis de 200 persoas, a maioría afgáns, que de momento foron conducidos a unha base de Abu Dhabi.

Noticias web

18/08/2021