As posicións de ERC e JxCat seguen moi distantes a 17 días de que venza o prazo
Publicado o 10/05/2021 08:27

En Cataluña, quedan 17 días para evitar unhas novas eleccións e segue sen aclararse o escenario político. Os reproches entre Esquerra e Junts per Catalunya agudizáronse despois de que o candidato republicano Pere Aragonès afirmase que quere gobernar en solitario.
Non está claro que Junts vaia ceder algúns votos para facilitar esa opción e, en todo caso, asegura que ese apoio non sairá gratis. En Esquerra respóndenlles que quedarán como responsables se teñen que repetir as eleccións. E seguen descartando a vía socialista. Din que prefiren volver ás urnas que buscar o apoio do PSC.