CRTVG

Buscar

As Pontes estuda a convocatoria dunha folga xeral contra o anuncio de peche da central térmica

Publicado o 30/09/2019 15:31

O comité de empresa coñecerá hoxe o plan de futuro no que está traballando Endesa. Será nunha reunión coa compañía que vai marcar o inicio dunha semana decisiva para os traballadores. Mañá unha caravana de camións e coches desprazarase desde As Pontes ata A Coruña en protesta contra o anuncio do peche da planta. O alcalde fixo un chamamento a unha participación masiva dos veciños das cinco comarcas afectadas.

Valentín González Formoso estará o mércores en Madrid, nunha xuntanza coa ministra de Transición Ecolóxica á que tamén están convocadas a Xunta e a empresa. Do resultado desa reunión dependerá a convocatoria dunha folga xeral nas Pontes para o 16 de outubro.

O comité de crise reunise durante algo máis dunha hora para valorar o contido do comunicado de Endesa. Esixe unha transición enerxética lóxica e ordenada.

A situación da central das Pontes centrará o encontro que manterán en Ferrol os alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e dos concellos limítrofes da Terra Chá e da Mariña Occidental. 

Noticias web

30/09/2019