CRTVG

Buscar

As pirámides de Gizeh convértense en ferramenta de concienciación contra a COVID-19

Publicado o 31/03/2020 09:14

As autoridades de Exipto utilizan a superficie das pirámides para concienciar a poboación sobre a necesidade de permanecer na casa para evitar a propagación da COVID-19.

Proxectores de luces debuxan cada noite sobre as pedras das pirámides varias mensaxes que teñen vocación universal.

Xunto á coñecida "Permanece seguro, queda na casa", tamén se pode ler outra de agradecemento aos profesionais que loitan contra a epidemia.

Unha "Grazas a quen nos mantén a salvo" escrita en árabe e inglés.

Noticias web

31/03/2020