CRTVG

Buscar

As persoas xordas recordan a necesidade de promover a lingua de signos

Publicado o 14/06/2019 16:55

Este 14 de xuño celébrase en toda España o Día Nacional das Linguas de Signos. Un día en que as persoas xordas lembran a necesidade de promovelas dentro dunha sociedade máis xusta e democrática. Recorden que este informativo tamén pode verse cada día en linguaxe de signos ás 15:30 na G2.

Unha das principais reinvindicacións do colectivo de persoas xordas é que se implante na sociedade a lei do 2007 que recoñeceu as linguaxes de signos.

Só así será posible, din, vivir nunha sociedade máis xusta e democrática. Neste 14 de xuño en que se celebra o Día Nacional da Linguaxe de Signos queren poñer de manifesto que si hai unha maior concienciación na sociedade, pero que queda moito camiño por andar.

A xornada de hoxe servirá tamén para pedirlles ás administracións públicas un maior compromiso coa linguaxe de signos.




 

Noticias web

14/06/2019