Os que cheguen de Cataluña xa non terán que incribirse no rexistro de viaxeiros
Publicado o 20/08/2020 23:11
A Xunta actualizou a listaxe de zonas de risco da covid-19 e hai cambios nos territorios dende os que os viaxeiros teñen que rexistrarse ao chegar a Galicia e Cataluña sae desa listaxe.
Dende hoxe mesmo, todas as persoas que cheguen a Galicia dende a comunidade catalá xa non terán que inscribirse no rexistro de viaxeiros. O cambio entrou en vigor esta medianoite, tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
É a única modificación. Mantense o rexistro obrigatorio para persoas que veñen de Aragón, Navarra, Madrid e do País Vasco, así como para máis de vinte países. Lembramos que cada persoa que chegue a Galicia dende estes territorios teñen que rexistralo ou na web ou por teléfono nun prazo máximo de 24 horas.