CRTVG

Buscar

As persoas en risco de exclusión viven con máis angustia este tempo de confinamento

Publicado o 14/04/2020 14:30

As persoas en risco de exclusión viven con máis angustia este tempo de confinamento. Sen poder saír á rúa salvo excepcións, pasan estes momentos sós. Moitos deciden non ir aos albergues por seren consumidores activos e buscan refuxio en calquera recuncho da cidade.

Dende a Fundación Érguete, achéganlles a medicación que necesitan, produtos de hixiene, ofrecenlles servizo de lavandaría e solventan as súa dúbidas. Pero sobre todo, e máis importante, fanlles compaña cando máis o necesitan.

En Alborada atenden os seus usuarios telematicamente e tamén no seu centro de Vigo para facilitarlles tratamento e apoio.

Un traballo que para moitos é descoñecido e no que eles mesmos se poñen en risco. Pero son conscientes de que o seu apoio é agora máis necesario ca nunca.

Noticias web

14/04/2020