CRTVG

Buscar

As persoas con mascotas ven limitadas as oportunidades de atopar un piso en alugueiro

Publicado o 28/06/2021 21:33

As persoas con mascota teñen cada vez máis difícil atopar un piso en alugueiro. Os seus propietarios son cada vez máis reacios a admitir animais por temor a que danen a vivenda e o mobiliario. É unha tendencia á alza que nalgunhas ocasións complica moito a vida das persoas que queren convivir con mascotas.

É o caso de María Antonia, que vive no seu coche dende hai un tempo. Faino porque non quere separase de Rose, a súa cadela de doce anos. Quere e pode alugar un piso pero non o consegue.

Nas inmobiliarias constatan esta realidade en alza. Detrás está o medo dos propietarios a que as mascotas ocasionen danos.

A dificultade para atopar pisos onde convivir con macotas é xeneralizada. En Vigo, por exemplo, só cinco de cada cen vivendas en alugueiro o permiten. Unha realidade complicada para persoas como Maria Antonia que non entende a vida sen Rose, a súa cadela.

Noticias web

28/06/2021