CRTVG

Buscar

As pernoitas en hoteis baixaron un 57,9 % en marzo

Publicado o 23/04/2021 09:26
As pernoitas en hoteis baixaron un 57,9 % en marzo

As pernoitas en establecementos hoteleiros baixaron un 57,9 % en marzo respecto ao mesmo mes de 2020, aínda que se se compara con niveis previos á pandemia, sobre marzo de 2019, a caída alcanza o 83,6 %.

Segundo a Enquisa de Conxuntura Hostaleira do Instituto Nacional de Estatística, a facturación dos hoteis situouse nunha media de 65,5 euros por cuarto ocupado, un 16,2 % menos que hai un ano. As noites consumidas polos viaxeiros residentes en España diminuíron un 17,2 % sobre marzo do ano pasado e as dos non residentes baixaron o 81,7 %.