CRTVG

Buscar

As pernoitas en Galicia creceron en outubro un 9,6%

Publicado o 22/11/2019 20:37
As pernoitas en Galicia creceron en outubro un 9,6%

O número de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros durante o mes de outubro medrou un 9,6 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado, son case 37.000 hospédes máis. A maior parte destes viaxeiros viñan doutros puntos de España. Por provincias, Lugo é onde máis se incrementou o número de turistas hospedados, e Ourense foi a que experimentou unha subida menor. Pero ademais de medrar o número de viaxeiros, en outubro tamén creceron as pernoitas nun 5,2 por cento. E, se en Galicia aumentan no conxunto de España descenden. No mes de outubro as pernoitas baixaron un dous por cento. Estes son datos que hoxe publicou o INE, o Instituto Nacional de Estatística

Noticias web

22/11/2019