CRTVG

Buscar

As perdas no sector turístico por mor das corentenas poderían superar os 40.000 millóns de euros

Publicado o 27/07/2020 15:17

Os brotes da Covid-19 poñen en perigo a chegada de 5 millóns de turistas, sobre todo do Reino Unido, pero tamén de Francia e Alemaña.

En cifras, as perdas son moi elevadas. As empresas turísticas do Ibex sofren unha forte caída en bolsa. O sector turístico podería pechar o verán cunha caída de ingresos superior aos 40.000 millóns de euros. No cómputo anual, a factura pode ascender aos 120.000 millóns de euros.

Dende o Partido Popular pídenlle ao Goberno que explique que esta a facer para evitar que o sector perda a campaña de verán.

A vicepresidenta do Goberno di que se manteñen as conversas co Reino Unido para endereitar a situación.

Ás corentenas internacionais hai que sumar as cancelacións no turismo nacional, que tamén se resente. Movémonos menos por medo aos contaxios.

Noticias web

27/07/2020