CRTVG

Buscar

As peixeiras reduciron as vendas un 60 por cento

Publicado o 04/11/2020 14:28

As restricións a que ten que facer fronte a hostalería déixanse notar no mercado da praza de Lugo, na Coruña. "Se eles non veñen, nós nos vendemos. Isto é unha cadea", di unha vendedora.

A ausencia de moitos hostaleiros reduciu un 60 por cento os ingresos dalgúns dos vendedores. "Un 60 por cento polo menos. Nótase moito a falta dos hostaleiros, que estaban aquí día si, día tamén", comenta unha peixeira.

Porén, aseguran que isto non fixo que os prezos do peixe ou do marisco baixasen.

"Non ten nada que ver. É máis: estes días mesmo van un pouco máis caros, porque ao ir mal tempo, hai menos produto e o prezo sobe".

Malia a redución das vendas, din que agora teñen as súas esperanzas postas na campaña do Nadal, unha das máis importantes do ano.

Noticias web

04/11/2020