As peixeiras de Vilagarcía únense ao consumo responsable a través dunha app
Elas forman parte dos centos de establecementos a nivel mundial que rescatan do lixo os produtos frescos que non se venden. Consígueno a través dunha app gratuíta de móbil, TooGoodToGo, que rescata os excedentes diarios de comida a cambio de prezos reducidos.
O posto de peixe de Carmiña é un deles e podemos atopalo nesta aplicación móbil gratuíta.
E todo este peixe fresco do día que non se venda métese en packs e a través desta app póñense á venda a prezos moi baixos.
O obxectivo, pór en práctica hábitos de consumo responsables e lograr cero desperdicios. Elas tres decidiron unirse a esta aplicación no mes de abril, no medio da pandemia. TooGood ToGo é un movemento social a nivel mundial dende 2016.
Unha iniciativa á que tamén se suman restaurantes, supermercados, pastelerías e froiterías. O obxectivo é rescatar estes alimentos, dado que cada ano un terzo da comida producida a nivel mundial acaba no lixo.