CRTVG

Buscar

As peaxes nas autovías enfrontan o PSOE cos seus socios no Goberno

Publicado o 27/05/2021 16:09

A posible implantación de peaxes nas estradas españolas volveu hoxe ao Congreso dos Deputados.

Os partidos do Goberno e os seus socios parlamentarios, salvo o BNG, tombaron unha proposta do PP en que se pedía a retirada deste punto do plan de recuperación enviado a Bruxelas.

O ministro de Transportes insiste en que hai que estudar a implantación de peaxes, como xesto cara á Unión Europea a cambio dos fondos.

O tema xera controversia dentro da coalición: Unidas Podemos oponse a esta nova taxa.

 

 

 

Noticias web

27/05/2021