As pastelerías galegas están cheas de doces de Defuntos
Publicado o 30/10/2019 21:13
Truco ou trato, ou o que é o mesmo, pedir algo de porta en porta. Pensaban os celtas que os mortos os ameazarían se non lles daban o que querían. E de querer, a poder ser, un doce deses ben ricos. Doces ricos que co tempo e mantendo a tradición melloraron a receita e acabaron converténdose nun imprescindible do Día de Defuntos: os ósos de Santo.
Sen perder protagonismo os ósos de santo comparten escena coas chulas e cun actor secundario novo: os ramóns.
E se de Samaín falamos, cómpre falar tamén de cabazas. Cabazas ben para decorar ou para levalas ao prato.
Terror, imaxinación e moito azucre para comezar o mes de novembro.