As panxoliñas soarán nas rúas de Vigo durante tres meses
Publicado o 21/09/2021 16:53
Os veciños de Vigo terán megafonía con panxoliñas tradicionais durante tres meses. Non só luces senón tamén música.
Este Nadal en Vigo semella que as panxoliñas van estar presentes nas principais rúas da cidade e durante case tres meses. Máis de 420 altofalantes nas distintas zonas, en horario de mañá e de tarde, de venres a domingo, os días festivos e tamén as vésperas de festivos.
Saímos á rúa para saber que lles parece aos veciños e aos visitantes esta iniciativa, e semella que hai ganas de Nadal.