CRTVG

Buscar

As pallozas do Cebreiro están en plena restauración

Publicado o 27/06/2019 15:35

As pallozas do Cebreiro están en plena restauración. Trátase dun traballo coidadoso e totalmente artesanal. Substituirase a palla dos tellados e as lousas nos accesos. Tamén se mellorarán as instalacións de electricidade e iluminación e aplicarase un tratamento para evitar o ataque de insectos ás estruturas de madeira.


 

Noticias web

27/06/2019