CRTVG

Buscar

As orquestras esixen axudas para que a verbena siga existindo

Publicado o 24/07/2021 15:02

A pandemia tamén ten unha vertente económica, á par da sanitaria. Esta mañá manifestáronse en Santiago membros do sector das orquestras e verbenas para protestar pola situación actual de falta de traballo que están a vivir por mor da covid. 

Das 200 orquestras que hai en Galicia, só o 10 % delas ten previsto ter algo de traballo este verán; ese algo é menos da metade do que farían antes da pandemia. Agora traballar é, segundo nos contan, case imposible, entre outros motivos por un protocolo que cualifican de moi estrito debido a que as capacidades se calculan segundo a extensión dun recinto que debe estar valado e no que os asistentes se teñen que identificar.

Dada a situación, segundo nos contan, orquestras míticas como a Panorama ou a Olympus este verán xa non van saír.

Noticias web

24/07/2021