CRTVG

Buscar

As ópticas seguen abertas, pero só para as urxencias

Publicado o 02/04/2020 14:23

Abren as súas ópticas para poder dar servizo só aos clientes de urxencia. Acoden fisicamente ao seu lugar de traballo pero, co enreixado pechado, atenden os seus pacientes por teléfono para marcar citas presenciais se fose necesario.

E só poden atender urxencias para non pór en risco a saúde dos clientes, nin a deles mesmos. O seu traballo realízase a escasos centímetros dos pacientes e precisarían equipos de protección similares aos dun sanitario. Algo que agora mesmo non teñen.

Porque moitos pasan esta corentena fronte á pantalla do seu ordenador teletraballando ou aproveitando para estudar na Rede. De aí veñen a maior parte dos casos que están atendendo. E fano por responsabilidade, nun momento excepcional para a poboación.

Tanto Mario como Esther, ao igual que outros moitos compañeiros, seguirán atendendo as persoas que así o precisen. Seguirán traballando a través do seu enreixado pero sen perder de vista aqueles que os necesitan.

Noticias web

02/04/2020