A nova normalidade nas oposicións: máis lugares e máis datas de celebración
A Xunta prepara unha lei de acompañamento aos orzamentos, que, unha vez supere o trámite parlamentario, establecerá novas normas para a celebración das oposicións.
- Serán en varios lugares diferentes para evitar as grandes concentracións de persoas en recintos pechados.
- Celebraranse en varias datas distintas.
- No caso das probas para o Sergas, o traballo en tempo de pandemia valorarase máis á hora de puntuar.
En 2021 prevese a celebración dos procesos selectivos correspondentes a este ano e ao que vén, o cal supón a maior oferta de emprego público en Galicia dos útimos 12 anos.
A proposta de prazas da Xunta ascende a 7.380 prazas nas distinas modalidades: as xa aprobadas 3.654 para educación, 2.741 para Administración xeral e 985 para sanidade.