CRTVG

Buscar

As oficinas de Correos abren toda a semana para facilitar o voto por correo

Publicado o 14/05/2019 18:09
As oficinas de Correos abren toda a semana para facilitar o voto por correo
Correos abrirá as súas oficinas todos os días da semana, mesmo festivos, ata o próximo 24 de maio, para axilizar ao máximo a xestión do voto por correo para as eleccións europeas, autonómicas e municipais.
A empresa postal decidiu ampliar o horario de atención ao público nas súas 2.400 oficinas de toda España, que permanecerán abertas unha hora máis ao día do seu horario habitual ata o venres 24 de maio inclusive, e atenderán a todos os cidadáns que estean nas oficinas para xestionar o voto por correspondencia.
Todas as oficinas postais teñen os seus postos de atención aos cidadáns cubertos ao cen por cento e creáronse 500 puntos adicionais de admisión.