CRTVG

Buscar

As obras na N-VI dificultan a circulación nos accesos á Coruña

Publicado o 02/06/2021 12:38
As obras na N-VI dificultan a circulación nos accesos á Coruña

Xornada complicada para a circulación nos accesos á Coruña por mor das obras da N-VI, no concello de Oleiros. Desde hoxe está cortado un carril da travesía de Perillo en dirección Madrid. Vaise construír un túnel e unha glorieta que axilice a circulación neste punto que rexistra a diario un elevado volume de tráfico. A partir de mañá cortarase outro carril en dirección contraria. As obras vanse prolongar durante 7 ou 8 semanas.

Noticias web

02/06/2021