CRTVG

Buscar

As obras de conversión en autovía do corredor Lugo-Monforte comezan en xuño

Publicado o 13/01/2020 14:25

En xuño comezará a conversión da vía de altas prestacións que une Lugo e Monforte en autovía. As obras da primeira fase céntranse nun tramo de 11 quilómetros entre a Poboa de San Xiao e Sarria. Contará con melloras para evitar a incursión de xabarís e a Xunta investirá 24,6 millóns de euros.

Faranse dous carrís en cada sentido o que mellorará a seguridade e aumentará a velocidade máxima de circulación, o que permitirá reducir os tempos de percorrido, uns cambios moi ben recibidos polos usuarios.

As obras nesta vía, pola que circulan a diario uns 7.500 vehículos, terán un prazo de execución de 24 meses.

Noticias web

13/01/2020