CRTVG

Buscar

As obras da Cidade da Xustiza de Vigo chegan á súa fin

Publicado o 07/10/2021 13:31
As obras da Cidade da Xustiza de Vigo chegan á súa fin

O emblemático hospital Xeral Cíes de Vigo converterase tras 5 anos de obras nun gran complexo xudicial. A Cidade da Xustiza vén a solventar dous grandes problemas, o principal é a falta de espazo para os xulgados e o outro é o descenso da clientela nos negocios da súa contorna. Nesta grande obra, a maior infraestrutura xudicial construída pola Xunta, investíronse 42 millóns de euros.

O edificio xa está practicamente listo para a súa entrega e a mudanza podería producirse a finais de ano. Unha mudanza que está previsto que dure uns 6 meses, para o traslado de 38 unidades e uns 500 traballadores. En canto ás distintas instalacións, as salas de vistas están case finalizadas e será a praza exterior a última en rematarse.

En total, a obra acadou o 97 por cento da súa execución. A Cidade da Xustiza está a xerar unha grande expectación. Unhas 700 persoas solicitaron coñecela nas xornadas de portas abertas organizadas pola Xunta.

Noticias web

07/10/2021