CRTVG

Buscar

As normas dos parques infantís, complicadas para os nenos

Publicado o 15/02/2021 17:23

Non hai clase, os nenos están na casa e co tempo tranquilo que temos, máis dun ten a vista posta nunha saída ao parque infantil. Pódese ir, pero tamén teñen normas de seguridade. Por exemplo: non poden xogar con pequenos cos que non convivan, teñen que levar a máscara posta e manter as distancias. 

Os parques infantís están abertos, pero tamén neles hai que cumprir a normativa imposta pola pandemia. E xa que os nenos non sempre saben de regras, os pais ou os coidadores teñen que estar moi atentos ao que fan. 

O máis dificil, segundo din,  é que manteñan a distancia e evitar que se xunten.

Moitos pais optan por ir ao parque a horas menos concorridas e elixen os que están en espazos moi abertos ou na natureza para minimizar o risco contaxios

Noticias web

15/02/2021