CRTVG

Buscar

As navieiras organizan escapadas especiais para namorados ás Cíes

Publicado o 15/02/2019 17:20

Esta fin de semana, as navieiras organizan escapadas especiais para namorados ás illas Cíes. Nada mellor que a idílica paisaxe das Cíes para celebrar tal data, aínda que sexa con atraso. Aproveitando o bo tempo que se agarda mañá, amplíanse as viaxes ao arquipélago. Haberá saídas dende Cangas e Vigo, ás 10.30 e ás 11.00. As navieiras queren desestacionalizar as visitas a este fermoso lugar natural.


 

Noticias web

15/02/2019