CRTVG

Buscar

As navieiras cobren as prazas para visitar as Cíes durante a ponte do Pilar

Publicado o 10/10/2021 13:41

As illas Cíes estarán ao máximo do seu límite de visitantes durante a ponte do Pilar. Ata o próximo martes as 450 prazas diarias están cubertas. As navieiras ofrecen cada xornada dúas saídas diarias dende Vigo, pero tamén dende Portonovo, Sanxenxo e Cangas.

As navieiras reclámanlle á Xunta que a central de reservas que xestiona as visitas durante o verán siga funcionando o resto do ano. Se o tempo segue acompañando, as visitas diarias vanse manter ata o 24 de outubro. A partir desa data haberá rutas regulares durante as fins de semana.

Noticias web

10/10/2021