CRTVG

Buscar

As mulleres vítimas de violencia machista poden solicitar á Xunta a bonificación do 100 % do aluguerio

Publicado o 16/03/2021 14:39

As mulleres vítimas de violencia machista xa poden solicitar as axudas ao alugueiro, un programa que conta cun orzamento de case tres millóns de euros.  

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dixo que este ano se prevé concedor preto de 200 novas subvencións, así como prorrogar as que estan vixentes.

Aplicarase, ademais, un incentivo complementario para garantir o financiamento ao cen por cento do custo dos alugueiros e unha contía extra o primeiro mes para afrontar trámites administrativos.

 

Noticias web

16/03/2021