CRTVG

Buscar

As afectadas polas gravacións da Maruxaina recorren o arquivo do caso

Publicado o 28/09/2021 10:49

O representante legal da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela presentou un recurso ante a Audiencia Provincial de Lugo contra a decisión do xuíz de arquivar a causa pola gravación de 87 mulleres mentres ouriñaban nunha calella de San Cibrao das Viñas mentres se celebraba a festa da Maruxaina. Parte desas imaxes foron difundidas a través de páxinas pornográficas na Internet

O xuíz rexeitou os recursos e ratificou o sobresemento provisional ditado o pasado mes de marzo porque as imaxes foron captadas nunha vía pública, non nun lugar pechado, e por non observar delito algún contra a integridade moral ao non apreciar ánimo "tendencial de quebrantar a resistencia física".

"Por suposto que non compartimos a decisión deste xuíz. Non se pode xustificar un delito coma este, que atenta contra a honra e a propia imaxe das mulleres, no feito de que fose perpetrado na vía pública", explicou a EFE a presidenta da asociación, María del Mar Fraga.

 

 

Noticias web

28/09/2021