CRTVG

Buscar

As Meniñas de Canido consolidan a súa influencia na arte urbá internacional

Publicado o 01/09/2018 15:16

As Meniñas de Canido volven encher este barrio ferrolán de arte e moita festa. Na súa novena edición danse cita esta fin de semana, algúns dos muralistas máis coñecidos de España.

O que comezou hai dez anos como un proxecto veciñal da man de Eduardo Hermida, creador deste proxecto, hoxe xa é un dos movementos de arte máis consolidados e importantes de Europa.
Artistas vidos de todos os puntos de España dan a coñecer estes días os seus traballos e como non as súas máis que peculiares interpretacións dun dos cadros máis famosos da historia nacional, As Meniñas de Velázquez.

Produto nacional pero tamén son moitos os artistas e muralistas que nas súas nove edicións chegan de todo o mundo. Como de Taiwán, Polonia ou Alemaña, como non, para deleite de todo aquel que ame a arte e cultura urbá. 

Noticias web

01/09/2018