As mellores máscaras á venda están nos supermercados, segundo a OCU
En plena terceira onda volve o debate sobre cal é o mellor tipo de máscara. A pregunta é se suficiente unha hixiénica ou hai que recorrer ás médicas para estar ben protexidos.
A OCU analizou trinta modelos diferentes de venda nos supermercados. Leváronas ao laboratorios e, segundo o seu voceiro, Enrique García, "en termos xerais, as máscaras hixiénicas dun só uso teñen unha equivalencia en canto á capacidade de filtración das cirúrxicas", cun 98 % de filtración.
E nesta comparativa a que saca mellor nota é a hixiénica dun só uso do Mercadona, seguida da de Carrefour e das cirúrxicas que venden no Aldi e no Lidl.
O estudo recoñece que a eficacia das hixiénicas reutilizables é menor. Con todo, superan o 90 % de media, o estipulado na normativa. E neste caso lidera a listaxe o modelo de Consum.
Canda o filtrado, o estudo ten en conta a respirabilidade, a etiquetaxe ou a resistencia das gomas.