CRTVG

Buscar

As medidas restritivas non acaban de dar resultado no Carballiño e Verín

Publicado o 27/10/2020 14:52

Ourense continúa a ser a provincia máis afectada pola covid−19 en Galicia. A pesar de pequenos indicios de estabilización, os datos continúan a ser insatisfactorios no Carballiño e Verín, onde as medidas restritivas non están a dar polo de agora os resultados que se esperaban. Pero son a mellor arma.

A tendencia é satifactoria en Ourense e Barbadás. O Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña di: "Dous concellos que se manteñen estables. É unha boa noticia, pero hai que continuar coas medidas de prevención".

Preocupa a situación nas residencias, especialmente sensibles aos contaxios. Antonio Acevedo, director xeral de atención sociosanitaria, di: "O virus progágase en espazos pechados e distancias curtas, e por tanto as residencias son un pefecto caldo de cultivo".

A residencia Os Gozos, no Pereiro de Aguiar, con 125 positivos entre usuarios e persoal, é a que ten máis casos activos.

Noticias web

27/10/2020