CRTVG

Buscar

Os protocolos sanitarios e o seguro covid garanten que o Camiño de Santiago é seguro

Publicado o 18/07/2021 21:47

Seguro e pouco masificado. Así é o Camiño de Santiago este ano.

Os peregrinos son os primeiros en tomar medidas de precaución

Tamén nos albergues están garantidas as medidas de seguridade.

Búscase limitar ao máximo o risco de contaxio, por iso redúcese a capacidade.

Ademais, existe o seguro covid que cobre tódolos gastos derivados dun contaxio por coronavirus. Actívase logo de pasar 24 horas en Galicia aloxado en calquera establecemento regulado.

A unha semana da celebración do Apóstolo houbo máis de mil peregrinos nunha soa xornada.

Agárdase chegar aos 50.000 ao longo do mes.

Noticias web

18/07/2021