CRTVG

Buscar

As máximas temperaturas de España, en Ourense

Publicado o 23/07/2020 14:00

É moita calor, e moitos días seguidos. Onte Ribadavia marcou a temperatura máxima de toda España 40 graos. Leiro e A Arnoia 39, e Ourense 38.

E hoxe continúa o aviso amarelo na área do Miño de Ourense con temperaturas de máis de 36 graos. A calor acumúlase nas casas e pegar no sono estes días é complicado.

Non hai moita diferenza na provincia de Ourense con respecto a días anteriores, pero no resto de Galicia si baixan as temperaturas, sobre todo na Coruña.

Noticias web

23/07/2020