As matriculacións pechan 2018 cunha suba do 7% pero acumulan 4 meses de caída
Publicado o 02/01/2019 22:03
2018 pechou en positivo para o mercado do automóbil, e iso a pesar da caída das vendas no treito final do ano.
O balance é agridoce para as patronais de fabricantes, concesionarios e vendedores. Porque, como dicías, as matriculacións subiron un 7% con respecto ao ano anterior. Pero hai que ter en conta que os últimos catro meses do ano foron negativos, algo que non acontencía dende 2012.
En decembro, a caída das vendas foi do 3 e medio por cento. Dende o sector achácano á incerteza que supuxo a entrada en vigor da nova normativa de emisións, e temen pola evolución do mercado en 2019.