CRTVG

Buscar

As matriculacións nas academias que preparan oposicións aumenta ata un 35%

Publicado o 14/06/2021 20:55

As oposicións tamén son para o verán. Sobre todo para o de 2021, a teor do aumento de matriculados nas academias que preparan o acceso a postos de emprego público. Hai ata un 35% máis de alumnado.

O sector fala de momento histórico pola coincidencia no tempo de convocatorias en practicamente todas as administracións públicas.

A pandemia tamén trouxo a teleformación a este tipo de ensino, o que permite ás academias formar máis grupos e diversificar os horarios.

Noticias web

14/06/2021