As matriculacións de turismos caeron un 15 por cento no prmeiro trimestre
Publicado o 01/04/2021 14:56

As matriculacións de turismos e todoterreos caeron un 15 por cento no primeiro trimeste do ano en comparación co ano anterior. Vendéronse unhas 186.000 unidades en toda España, segundo datos do sector, que sinala as restricións de mobilidade e a débil demanda comercial como causas desta caída.
Con todo, en marzo entregáronse uns 86.000 vehículos, o que duplica a cifra do mesmo mes do ano pasado, cando o confinamento domiciliario provocara un freo nas vendas de coches.