CRTVG

Buscar

As matriculacións de turismos caen en case un 30 % en España no mes de xullo

Publicado o 02/08/2021 20:40

En xullo matriculáronse en España preto de 84.000 turismos. Supón case un 30 % (28,9 %) menos ca o mesmo mes do ano pasado. A caída máis acusada, superando o 40 %, foi nas vendas a particulares. Entre as causas desde o sector apuntan á ruptura do stock no mercado da fabricación.

Pero a Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos relaciona a caída das vendas coa exclusión dos turismos de combustión das axudas outorgadas á compra de coches eléctricos a través dos plans de Mobilidade Eficiente e Sostible (Moves) cuxa demanda segue a medrar.

Malia todo, no acumulado de 2021 as vendas medraron un 18 % respecto a 2020; iso si, son un 33 % inferiores ao ano prepandémico de 2019.

Noticias web

02/08/2021