CRTVG

Buscar

As matriculacións caeron no 2020 un 32 % en España

Publicado o 04/01/2021 17:51

O sector do automóbil pecha o 2020 cunha caída histórica nas vendas. Matriculáronse apenas 850.000 vehículos, o que supón unha baixada do 32,3 % con respecto ao ano anterior.

Dende o sector din que supón unha perda nas vendas de máis de 400.000 unidades, situando o mercado de turismos en cifras similares ás de 2014. E as previsións para este ano tamén son pesimistas. Calculan que as vendas continuarán caendo nos primeiros meses do ano.

Noticias web

04/01/2021