CRTVG

Buscar

As matriculacións caeron máis dun 50 % en xaneiro

Publicado o 01/02/2021 17:15

O sector do automóbil acaba de publicar os datos de xaneiro. Caeron as vendas á metade respecto ao mesmo mes do ano anterior. En concreto, un 51,4 %. É un descenso en picado que non vían dende os meses do confinamento. Comezaron o ano con 42.000 turismos vendidos fronte aos 86.000 de xaneiro 2020.

Din no sector que comezan o ano con moi malas perspectivas e piden máis axudas públicas para a compra de vehículos. Atribúen a caída á incerteza dos consumidores pola actual situación, pero tamén á suba do imposto de matriculación e a que remataron as axudas para achatarrar vehículos.

 

Noticias web

01/02/2021