CRTVG

Buscar

As mascotas tamén van de balneario en Caldelas de Tui

Publicado o 06/07/2021 20:37

A dermatite, a artrose e a artrite son doenzas comúns ás dúas patas e ás catro. Agora as mascotas tamén poden recibir estes tratamentos termais nunhas instalacións exclusivas. Case 150 anos despois da súa apertura, o balneario de Caldelas de Tui inaugurou unhas instalacións exclusiva para mascotas.

Antes de que existisen estas instalacións exclusivas para mascotas, os donos e o persoal do Balneario de Caldelas de Tui xa buscaban o xeito de tratar algunhas enfermidades dos seus animais domésticos coas augas medicinais do lugar.

A auga con que se está duchando Senda é a mesma que se utiliza no balneario desde o século XIX, tal e como brota do manancial: quente, sulfurosa e medicinal.

Agás vacas e cabalos, porque non o permite a lexislación, no balneario poden tratar calquera animal.

Noticias web

06/07/2021